Memoria do silencio

martes, 23 de abril de 2019

Booktubers do Cova Terreña

Despois das primeiras lecturas algunhas das integrantes dos nosos clubs quixeron dar a súa opinión con estes pequenos vídeos. Xa se ve que hai madeira lectora e crítica da boa!

Lucía, do club "A seita das letras", falounos d'O neno do pixama de raias de John Boyne:


Das "Crónicas lectoras", deron testemuño da lectura de Irmán do Vento, de Manuel Lourenzo, en primeiro lugar Carmen P. e Mariña:


Tamén Luna e Inés nos deixaron a súa valoración:



Moitas grazas ás nosas magníficas críticas literarias e aos autores dos libros que tan agradables lecturas nos proporcionaron, e sobre todo, que nos deron moitos temas para falar: dous rapaces que viviron en circinstancias e lugares tan distantes pero que viron atravesadas as súas vidas pola barbarie do odio e maila guerra.