Memoria do silencio

Amosando publicacións coa etiqueta Irmán do vento. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Irmán do vento. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de abril de 2019

Booktubers do Cova Terreña

Despois das primeiras lecturas algunhas das integrantes dos nosos clubs quixeron dar a súa opinión con estes pequenos vídeos. Xa se ve que hai madeira lectora e crítica da boa!

Lucía, do club "A seita das letras", falounos d'O neno do pixama de raias de John Boyne:


Das "Crónicas lectoras", deron testemuño da lectura de Irmán do Vento, de Manuel Lourenzo, en primeiro lugar Carmen P. e Mariña:


Tamén Luna e Inés nos deixaron a súa valoración:



Moitas grazas ás nosas magníficas críticas literarias e aos autores dos libros que tan agradables lecturas nos proporcionaron, e sobre todo, que nos deron moitos temas para falar: dous rapaces que viviron en circinstancias e lugares tan distantes pero que viron atravesadas as súas vidas pola barbarie do odio e maila guerra. 

luns, 22 de abril de 2019

Ola!

Velaquí estamos!

Esta é a primeira entrada da historia de palabras infinitas que queremos protagonizar, pois inauguramos o blog dos clubs de lectura do CPI Cova Terreña.


Empezamos o curso con tres clubs, todos integrados por rapazada de 2º da ESO.
 Presentámonos.

AS CRÓNICAS LECTORAS

Celia, Luna, Inés, Itziar, Valentina, Marta, Mariña e Carmen.
Comezaron lendo IRMÁN DO VENTO de Manuel Loutenzo


A SEITA DAS LETRAS 

Lucía, Carmen B., Andrea, Carolina, Carmen G., Hugo e Óscar.
Comezaron lendo O NENO DO PIXAMA A RAIAS.

O CLUB DAS POETAS VIVAS

Sara, Leire e Sandra queren ler POESÍA. 
Comezaron entrando no XARDÍN DE INVERNO de Ledicia Costas.