Memoria do silencio

martes, 2 de xullo de 2019

Club de lectura: Europa Express

Xa foi polo mes de maio, pero aquí nos deixaron as nosas lectoras a súa opinión de Europa Expres de Andrea Maceiras e os seus escenarios favoritos desta trama que percorre o continente.

xoves, 13 de xuño de 2019

POETÍZATE

O noso CLUB DAS POETAS VIVAS fixo a súa escolma de versos favoritos dentro da antoloxía preparada por Fran Alonso. Teñen moi bo ollo estas lectoras, e ademais recitan así de ben:

Erros e Tánatos





O exclusivo e magnífico (mini) club de lectura de 4º da ESO, LECTURAS DE NÓS, conformado por Carlos e Yasmina, déxanos a súa opinión despois de leren os magníficos relatos de Gonzalo Navaza que atopamos en Eros e Tánaros, todo un clásico da narrativa galega contemporánea.





martes, 23 de abril de 2019

Booktubers do Cova Terreña

Despois das primeiras lecturas algunhas das integrantes dos nosos clubs quixeron dar a súa opinión con estes pequenos vídeos. Xa se ve que hai madeira lectora e crítica da boa!

Lucía, do club "A seita das letras", falounos d'O neno do pixama de raias de John Boyne:


Das "Crónicas lectoras", deron testemuño da lectura de Irmán do Vento, de Manuel Lourenzo, en primeiro lugar Carmen P. e Mariña:


Tamén Luna e Inés nos deixaron a súa valoración:



Moitas grazas ás nosas magníficas críticas literarias e aos autores dos libros que tan agradables lecturas nos proporcionaron, e sobre todo, que nos deron moitos temas para falar: dous rapaces que viviron en circinstancias e lugares tan distantes pero que viron atravesadas as súas vidas pola barbarie do odio e maila guerra. 

luns, 22 de abril de 2019

Xardín de Inverno

Sandra, Leire e Sara recitan os seus versos favoritos despois de leren o fabuloso XARDÍN DE INVERNO de Ledicia Costas.


Ola!

Velaquí estamos!

Esta é a primeira entrada da historia de palabras infinitas que queremos protagonizar, pois inauguramos o blog dos clubs de lectura do CPI Cova Terreña.


Empezamos o curso con tres clubs, todos integrados por rapazada de 2º da ESO.
 Presentámonos.

AS CRÓNICAS LECTORAS

Celia, Luna, Inés, Itziar, Valentina, Marta, Mariña e Carmen.
Comezaron lendo IRMÁN DO VENTO de Manuel Loutenzo


A SEITA DAS LETRAS 

Lucía, Carmen B., Andrea, Carolina, Carmen G., Hugo e Óscar.
Comezaron lendo O NENO DO PIXAMA A RAIAS.

O CLUB DAS POETAS VIVAS

Sara, Leire e Sandra queren ler POESÍA. 
Comezaron entrando no XARDÍN DE INVERNO de Ledicia Costas.